Sintaxe de Markdown para os comentarios

Os comentarios da Folla poden ir formatados con varios tipos de letra, ligazóns, listas e outros elementos que vos axudan a facer o voso texto máis interesante e claro.

Podedes acadar isto coa sintaxe de Markdown, que usa símbolos especiais no medio do texto para indicar o formato. Estes símbolos están escollidos para seren o máis intuitivos posible.

Velaquí un exemplo seguido do resultado:

Para separar dous parágrafos, deixa unha liña en branco.
Dúas liñas xuntas van no mesmo parágrafo.

Pódese poñer _texto itálico_ e **letra grosa**. Tamén se pode
poñer `texto mecanografado` para exemplos de código e cousas semellantes.

Hai dúas maneiras de poñer ligazóns.
A máis simple é poñer o enderezo https://folla.gal e queda ligado.
A outra maneira permite [poñer o teu propio texto](https://folla.gal),
pero é un pouco máis complicada.

Pódense poñer exemplos de código grandes entre dous grupos de
tres comiñas invertidas:

```
#include <stdio.h>
int main() {
    printf("Hello world\n");
    return 0;
}
```

Para separar dous parágrafos, deixa unha liña en branco. Dúas liñas xuntas van no mesmo parágrafo.

Pódese poñer texto itálico e letra grosa. Tamén se pode poñer texto mecanografado para exemplos de código e cousas semellantes.

Hai dúas maneiras de poñer ligazóns. A máis simple é poñer o enderezo https://folla.gal e queda ligado. A outra maneira permite poñer o teu propio texto, pero é un pouco máis complicada.

Pódense poñer exemplos de código grandes entre dous grupos de tres comiñas invertidas:

#include <stdio.h>
int main() {
    printf("Hello world\n");
    return 0;
}