Información sobre tratamento de datos e condicións de uso

Esta é a páxina web de A Folla, escrita e publicada por Jacobo Tarrío Barreiro.

O enderezo de email de contacto é a@folla.gal. O enderezo físico de contacto é PO Box 43723, Montclair NJ 07043, EEUU.

Agás que se indique o contrario, calquera opinión expresada neste sitio web pertence só ao seu autor a título persoal, e non á empresa que o emprega ou calquera outra organización coa que o autor poida estar asociado.

Condicións de uso

Ao acceder a este sitio web aceptas as seguintes condicións de uso:

Agás que se indique o contrario, o contido deste sitio web é Copyright © Jacobo Tarrío Barreiro. Todos os Dereitos Reservados.

Podes acceder e consultar o contido do sitio; porén, non podes redistribuílo, modificalo, relicencialo ou sublicencialo a menos que estea coberto por unha licencia que outorgue permiso.

Non tés permiso para facer que o sitio web funcione incorrectamente para outros usuarios ou para atacar o servidor no que se aloxa.

Non podes utilizar este sitio web para fins ilegais. Podo cooperar coas autoridades para combater o uso deste sitio web para fins ilegais.

Non hai garantía de que as informacións que se ofrecen nesta páxina web sexan veraces ou fiables. Non hai garantía de que as ligazóns que leven a páxinas web de terceiros estean libres de virus ou outro tipo de malware.

Tratamento de datos

Sitio web

Este sitio web rexistra os accesos para analizar patróns de acceso, posibles erros, ataques de seguridade e problemas de rendemento. Os rexistros quedan gardados no servidor durante 14 días e despois bórranse.

Estes rexistros inclúen os seguintes datos:

O servidor web está situado en Dallas, Texas, EEUU.

Boletín por email

Recollo enderezos de email coa finalidade de enviar o boletín semanal da Folla. Tamén os recollo coa finalidade de enviar avisos aos lectores.

Non vendo nin cedo os enderezos de email.

Os usuarios poden eliminar a súa subscrición usando a ligazón que aparece no fondo de cada email ou poñéndose en contacto comigo.

Para consultas relacionadas co tratamento de datos, escribe a a@folla.gal ou ao seguinte enderezo: PO Box 43732, Montclair NJ 07043, EEUU.